Publicacion dixital (libros, revistas e documentos)

Submitted by admin on Wed, 12/19/2012 - 16:32

Un breve curso intensivo para coñecer as posibilidades de diferentes formatos de publicación dixital, de toda clase de publicacións e documentos, ás súas vantaxes e posibilidades, e a elección do máis conveniente en cada situación.  Aprenderás a crear documentos atractivos e interactivos, que poden incluír animacións, vídeo e son, así como crealos en formato ePUB.
Deseña e publica boletíns, revistas ou libros dixitais EPUB cuxas imaxes veranse ben en case calquera tamaño onde se visualice, desde un monitor de escritorio a un smartphone.
Documentos dixitais con efecto Page Flip, galerías interactivas, etc.
Máis fácil do que pensas ...

Contidos

1: O espazo de Traballo de Indesign
Conceptos básicos, cadro de ferramentas e ventás.
 2: Maquetación
Creación de documentos, regras e unidades de medida, páxinas mestres, capas, numeración de páxinas, capítulos e seccións.
 3: Traballando con documentos
Traballando con arquivos e plantillas, gardar documentos, conversións de arquivos de programas, exportar.
 4: Texto, estilos, obxectos e táboas
Creación de textos e cadros de texto, enlaces de texto, estilos de parágrafos e carácter, traballar con estilos, crear táboas.
 5: Deseño
Deseño con ferramentas de liñas e formas,ferramenta lapis, pluma, editar trazados.
 6: Gráficos
Formatos gráficos, importación de arquivos desde outras aplicacións, colocación de gráficos, vínculos, reutilización de texto e gráficos.
 7: Cadros e obxectos
Procesamento, transformación, selección e aliñación de obxectos. Traballando con marcos e obxectos.
 8: PDF
Exportación á Adobe PDF, e as opcións e estruturación.

9: Documentos Interactivos
Documentos web interactivos para Flash, documentos PDF dinámicos,  marcadores, hipervínculos e referencias cruzadas, películas e son, animación, transicións de páxina, botóns, ePUB.

Datas e horarios

Marzo 15 e 16 de marzo de 2013 de de 16: 30 ás 21:30 h e de 9:30-14:30
  

Total de horas: 10

O curso ten un número limitado de prazas e a asignación das mesmas realízanse seguindo a orde de petición e o pago da correspondente matrícula.

Nº Máximo de prazas 30
Pendente de Homologación pola Consellería de Educación e O.U.
Prezo 30 euros

Relatora imprenta Setecores


Lugar CEI-NODUS de Lugo
Onde está o
CEI-NODUS en Lugo (Aí tamén se pode ver como chegar vindo de Coruña,Santiago, etc)
Tedes un extenso aparcamento se entrades pola Avenida Paulo Fabio Máximo