Comeza a Exposición Arte e Ciencia

Submitted by admin on Thu, 09/12/2013 - 16:32

Presentación de ARTE E CIENCIA

O obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia e a arte. Para explorar esa interacción dinámica seleccionanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo. Na exhibición das obras prima a compoñente didáctica e divulgativa e bríndase a posibilidade de participar en obradoiros para afondar na conexión arte e ciencia das mesmas.  
A exposición presenta mostras de múltiples aspectos xeométricos que rexen a construción de obras de arte. Máis tamén se fai explícita a influenza de investigacións científicas como a persistencia retiniana, o contraste simultáneo de cores, os descubrimentos en astronomía… , sen esquecer a análise de símbolos galegos e obras arquitectónicas. Dedícase un apartado especial ao contexto actual no que, ao igual que a fotografía cambiou as metas da arte, o desenvolvemento tecnolóxico revolucionou as maneiras de crear e representar.
As conexións son múltiples e en ambos sentidos. Acéptase que a xeometría incide e inflúe nas artes plásticas pero poucos teñen presente que o puntillismo inflúe no concepto de píxel, ou que dous premios Nobel de Química recentes foron outorgados por aspectos científico-artísticos que iluminan a Química, como son os cuasicristais e o fullereno.
Entre os autores elixidos figuran: Vasarely, Seurat, Calder, Mondrian… e, destacan especialmente, Juan Gris e Escher.

Posibilidades de PARTICIPACIÓN

Destinatarios:

Quen?

Público xeral

-Visita libre

A visita á parte expositiva poderá realizarse durante todo o período de exposición nos horarios de apertura que se sinalan. Ademais do público xeral, o  profesorado co seu alumnado pode visitar a exposición neses horarios, xa que está especialmente orientada para eles. Sen apuntarse siquera, agás que queiran obradoiros para o alumnado.

Datas: do 20 de setembro ao 20 de novembro.

Horario: Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Profesorado

-Curso Arte e Ciencia. O núcleo principal será a exposición Arte e Ciencia que servirá de base para coñecer e analizar as posibilidades que nos brindan os materiais e experiencias propostas.

Datas e horario: días 18 e 19 de outubro. Venres, de 16,30 h a 20:30 h, e sábado de 10 a 14 h.

Inscrición: http://www.igaciencia.eu/node/92

Grupos de profesorado e alumnado de centros educativos 

-Visita concertada con obradoiros

Os centros educativos poderán concertar visitas de grupo, cun máximo de 40 alumnos e alumnas simultáneos, acompañados polos profesores/as, preferentemente de ciencias, matemáticas, historia ou deseño.

Datas: do 21 de outubro ao 20 de novembro.

Horario: de 10:30 a 12:15 h ou de 12:15 h a 14 h. A duración máxima da visita é de, aproximadamente, 105 minutos e incluirá tanto a presentación das obras expostas como obradoiros para afondar nas conexións arte e ciencia das mesmas. A prioridade virá determinada pola participación no curso do profesorado correspondente e pola orde de chegada das solicitudes.

Como?

A solicitude de participación, para a visita concertada con obradoiros, deberá realizarse cun mínimo dunha semana de antelación efectuando a inscrición en http://www.igaciencia.eu/node/88

Onde?

Sala de Exposicións da Deputación Provincial de Lugo. San Marcos s/n. Lugo.

OBRADOIROS e conferencias o día 2 de outubro, mércores, ás 19 horas obradoiro dunha hora de construción de cúpulas xeodésicas para público en xeral. Necesítanse como material 3 paquetes de canas culler (para granizado) de maxiproducts.es e 20 encuadernadores extraplanos con arandelas.Impartido por Ramón Mariño, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo. Unha semana despois, obradoiro de poliedros.

http://www.crtvg.es/informativos/unha-exposicion-mostra-en-lugo-a-union-entre-arte-e-ciencia-670578

Información no Museo de Lugo http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=28&id=2032

Imaxes: Cartel, o lado de cor e o lado negro. As cúpulas e inauguración da exposición, o 19 de setembro ás 20 horas na Sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo..

No progreso http://elprogreso.galiciae.com/seccion/cultura.html  http://elprogreso.galiciae.com/nova/278321-muestra-recorre-lugo-interaccion-arte-ciencia-historia 

http://elprogreso.galiciae.com/nova/278355-papeles-anejos-enriquecen-museo http://ocioengalicia.com/lugo/arte-e-ciencia/  http://www.rescognita.com/WP/general/arte-e-ciencia-arte-y-ciencia/

 

color

echer

cupulas

ina

final

ina2