Visitas Arte e Ciencia

Enviado por admin o Sáb, 11/22/2014 - 16:32

O noso agradecemento a todos os visitantes, especialmente aos que nos acompañaron na inauguración e, sobre todo, ao profesorado que reiteradamente deposita a súa confianza en nós, en que as actividades que brindamos merecen incluso facer unha viaxe de moitos quilómetros  para asistir a elas en exclusiva.

Balance da  concorrencia á exposición Arte e Ciencia:

O número de asistentes superou as 500 persoas.

Etiquetas

Participación no Obradoiro de Sensores

Enviado por admin o Sáb, 11/22/2014 - 16:32
Un total de 15 centros,  con alumnado de ESO e Bacharelato, participaron no Obradoiro de Sensores na Deputación de Lugo do 17 ao 21 de novembro de 2014.
Pasaron polo obradoiro esta semana 526 alumnos e profesores.
No mes de novembro,  sumando a participación no obradoiro e outras visitas á exposición, ata o día 24, pasaron máis de 700 persoas.

Etiquetas

Obradoiro de sensores

Enviado por admin o Mar, 11/18/2014 - 16:32

Os máis de 200 alumnos que pasaron pola sala de exposicións o luns e o martes, 17 e 18 de novembro, saíron contentos e agradeceron a actividade de Igaciencia con aplausos finais. Entenderon a exposición, pois viron que ía dedicada á xente xove, e gozaron cos múltiplos exemplos de toma de datos e competición realizados. Grazas a todos, profesorado e alumnado, pola súa implicación:

Etiquetas