Fotos do Rally

Submitted by admin on

As primeiras fotos do Rally. Poñeránse aquí as que enviedes. Comentarios Os alumnos desfrutaron moito da actividade!. Os alumnos estaban encantados de poder participar e implicáronse moito.

San Pelayo Enma -1 e CPI de Castroverde

Algunha foto durante a proba, e logo unha merecida merenda!

Eva Pazos Malvido
 

XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

Submitted by admin on

Recordámosvos  que o Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña está a organizar o XI Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de outubro de 2013 nas instalacións da Fundación Barrié  na cidade de A Coruña.

Gañadores do V Concurso Galego de Robótica

Submitted by admin on

Categoría Secundaria Obrigatoria.

1º premio IES Francisco Asorey  de Cambados

2º premio ex aequo IES A Cachada de Boiro, IES de Tomiño, IES Canido de Ferrol

Categoría Bacharelato e Ciclos Fomativos

1º premio IES Perdouro de Burela

2º premio IES Pontepedriña de Santiago

Unha actividade que non podemos perder

Submitted by admin on

Os profesores e profesoras indícannos a satisfacción de participar no Obradoiro e V Concurso Galego de Robótica

--Unha actividade á que non podemos deixar de asistir. E unha das poucas que merecen a pena

--Os rapaces querían estar varias horas máis ou volver outro día

--Estarei atenta á convocatoria do ano que vén

--Voume encantada de ter participado, etc. Algunhas fotos

Ano Internacional e Galego da Estatistica 2013

Submitted by admin on

Sgapeio  infórmanos que: Apertura do Ano Internacional da Estatística

O dia 16 de febreiro de 2013 tivo lugar, na Facultade de Matemáticas, a apertura do Ano Internacional da Estatística coa conferencia titulada "Ata onde as finanzas se poden contar", impartida por Silvia Barco Tato, Directora de Control Financiero e Middle Office no Banco Gallego. A presentación desta conferencia, en formato pdf, está dispoñible na páxina Web da SGAPEIO, no menú "Formación e Actividades - Ano Internacional".

FAQ do Rally

Submitted by admin on

-A que hora comeza a proba?

1,3,e 4º de Matemáticas realízanse ás 16 horas. 2º de Ciencia é as 16 horas. Pero 4º de Ciencias é unha hora máis tarde. Por que?

En principio todas eran as 16 horas, pero xa que hai alumnos e alumnas de 4 de matemáticas que participan en matemáticas e ciencias, para facilitarlles a participación nas dúas probas, poñemos a de ciencias de 4º so, 1 hora máis tarde. Comezará as 5 da tarde