Obradoiro e Concurso de Robótica en Vigo. Abril 2017
Inscríbete nesta mesma páxina
Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:
Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito.
Obradoiro e Concurso de Robótica en A Coruña. Abril 2017
Inscríbete nesta mesma páxina
Antes de realizar a inscrición é conveniente que lembres que:
Cómpre mirar antes de cubrir o formulario o CALENDARIO PROVISIONAL que se irá cumplimentando paulatinamente, de maneira case inmediata os dous primeiros días. Posteriormente débese comprobar se o centro aparece no calendario pois esa é a confirmación de que a inscrición se realizou con éxito. Lembrade refrescar a páxina para ir vendo os cambios.
Obradoiro e Concurso Galego de Robótica 2017
Obradoiro e Concurso Galego de Robótica 2017
Celebrarase en Vigo os días 4, 5, 6 e 7 de Abril e en Coruña os días 24, 25, 26, 27 e 28 de abril. Final sobre o 4 ou 5 de maio de 2017
Lugar:
En Vigo, na Fundación Barrié, Rúa Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo, Pontevedra.
En Coruña, na Fundación Barrié, Rúa Cantón Grande, 9, 15003 A Coruña
Categorías:
- Read more about Obradoiro e Concurso Galego de Robótica 2017
- Log in to post comments
Inventa en Galego (con App Inventor). Concurso de Sensores. Concurso de actividades con GPS no ano das Viaxes científicas.
Inventa en Galego (con App Inventor)
As bases, que podedes ver aquí, son semellantes ás de dous anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:
Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.
Inscrición no Rally sen Fronteiras 2017
Patrocinan ou colaboran
- Read more about Inscrición no Rally sen Fronteiras 2017
- Log in to post comments
Feliz Ano 2017. Feliz Ciencia en Galego 2017!
A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible , nós traducímolo a 2017-Viaxes pola Ciencia nas que vos convidamos a participar:
- Read more about Feliz Ano 2017. Feliz Ciencia en Galego 2017!
- Log in to post comments
Resumo Anual e actividades directas de Igaciencia en Ciencia en Galego
Citamos, a modo de breve resumo, as actividades que realizamos en Igaciencia ao longo do ano 2016. Comezamos polo¡a entrega de premios de Sensores e Inventa en Galego en febreiro e polo Rally Científico e Matemático en marzo e abril, a continuación realizamos o VIII Concurso Galego de Robótica en A Coruña e Vigo e a súa espectacular final (2300 alumnos) e, en maio, os nosos centros quedaron campións na Superfinal do Rally Matemático en Toulouse.
O día da Ciencia en Galego na prensa
O día da Ciencia en Galego 2016 no Parlamento Galego e de Igaciencia
Igaciencia estivo presente na conferencia sobre Gallástegui, homenaxeado no día da Ciencia en Galego, realizada no Parlamento de Galicia. E é o momento de agradecer a todos aqueles que participan neste día, fundamentalmente desde os centros educativos galegos. Queremos responder ás "Moitas, moitas grazas" de Eva e de moitos outros profesores e profesoras coas nosas Moitas, moitas grazas pola vosa participación. Que dure, que estamos aínda no mes da Ciencia en Galego.
A noticia en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20360