Inscrición no Rally sen Fronteiras 2017
Patrocinan ou colaboran
- Read more about Inscrición no Rally sen Fronteiras 2017
- Log in to post comments
Patrocinan ou colaboran
A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible , nós traducímolo a 2017-Viaxes pola Ciencia nas que vos convidamos a participar:
Citamos, a modo de breve resumo, as actividades que realizamos en Igaciencia ao longo do ano 2016. Comezamos polo¡a entrega de premios de Sensores e Inventa en Galego en febreiro e polo Rally Científico e Matemático en marzo e abril, a continuación realizamos o VIII Concurso Galego de Robótica en A Coruña e Vigo e a súa espectacular final (2300 alumnos) e, en maio, os nosos centros quedaron campións na Superfinal do Rally Matemático en Toulouse.
Igaciencia estivo presente na conferencia sobre Gallástegui, homenaxeado no día da Ciencia en Galego, realizada no Parlamento de Galicia. E é o momento de agradecer a todos aqueles que participan neste día, fundamentalmente desde os centros educativos galegos. Queremos responder ás "Moitas, moitas grazas" de Eva e de moitos outros profesores e profesoras coas nosas Moitas, moitas grazas pola vosa participación. Que dure, que estamos aínda no mes da Ciencia en Galego.
A noticia en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20360
Para recibir material adicional do día da Ciencia en Galego feito por Igaciencia, inscríbete aquí mesmo.
Con isto conseguiredes unha pequena miniexposición do día da Ciencia en Galego. Contrapartida? Que tal se nos contades como saíron os experimentos, en cales gozaron máis, que dixeron dos carteis, que habería que mellorar, etc. e toda aquela información que nos queirades dar.
Unha das opinións máis repetidas foi a de que non chegan dúas horas para cada centro, que se necesitan tres horas para ver a exposición. O cal quere dicir que todo o que se ve é apreciable e digno de ver e admirar. Iso, expresado polos rapaces énchenos de orgullo e satisfacción: o que presentamos lles interesa, é significativo para o seu futuro, queren velo e aprendelo, é interesante, xenial e é ciencia e en galego...
Sentímolo por aqueles centros que non puideron levar aos seus alumnos. Os que si foron teñen unha visión da Luz, da Ciencia e do futuro distinta.
Desde o día 22 ata o día 30 de setembro pode visitarse a exposición en carteis sobre a LUZ no Centro Ágora na Coruña.
En que horario? De 8 da mañá ata as 9 da noite, o horario de apertura do Centro Ágora de Coruña. 40 carteis sobre a Ciencia e a Tecnoloxía da Luz e un gran poster sobre Historia da Astronomía.
A exposición sobre "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" está previsto que se celebre en:
--A Coruña, no centro Ágorat, do dia 26 ao día 30 de setembro de 9 a 15 horas
Inscríbete a continuación (máximo 50 alumnos por sesión. Orientado á ESO, FP e Bacharelato, pero adaptaremos a sesión se son alumnos do último ciclo de Primaria)