Robótica

No 2017 celebrarase en Abril en Vigo os días 4, 5, 6 e 7 de Abril. En Coruña os días 24, 25, 26, 27 e 28 de abril. Final 4 de maio de 2017

Inscrición: 1 de febreiro ás 9 da mañá para a inscrición en Vigo e o día 3 de febreiro ás 9 da mañá para Coruña

pronto poñeremos as bases pero serán, máis ou menos, como ás do ano pasado. Para ilustralo estes enderezos do ano anterior

http://www.igaciencia.eu/?q=content/obradoiro-e-concurso-de-rob%C3%B3tica-na-coru%C3%B1-abril-2016
  Convocatoria  Saber máis, en que consiste? 
http://www.igaciencia.eu/?q=content/premios-viii-edici%C3%B3n-obradoiro-concurso-de-rob%C3%B3tica
http://www.igaciencia.eu/?q=content/viii-obradoiro-e-concurso-galego-maxia-da-rob%C3%B3tica

Organiza IGACIENCIA e patrocina

Pero no 2018 a Fundación Barrié se desentende da Robótica...

Resultado definitivo do X Concurso Galego de Robótica

Enviado por admin o Ven, 11/29/2019 - 19:15

O venres, día 29 de novembro ás 17 horas, realizouse a entrega de premios aos primeiros clasificados no X Concurso Galego de Robótica. Tivo lugar no salón de actos do IES Menéndez Pidal e foi presidida polo Concelleiro de Educación do Concello da Coruña, Jesús Celemín Santos, a directora do IES Menéndez Pidal, Estrella Pérez Freire e o Presidente da Institución Galega de Ciencia, Manuel Díaz Regueiro.

Clasificados en primeiro e segundo lugar en cada unha das categorías:

Primaria-1º de ESO.-

X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica

Enviado por admin o Lun, 09/30/2019 - 18:58

A maxia da robótica. Taller e concurso galego de robótica

Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para resolver os desafíos da fase de concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas, comunicarnos e saber como darlle ordes a un robot e xestionar múltiples aspectos da vida cotiá nun futuro xa presente.

Realizarase na Coruña no IES Ramón Menéndez Pidal. 

Enrólate coa Robótica

Enviado por admin o Lun, 10/15/2018 - 10:19

No Gaiás, en Santiago, 2 horas para aprender robótica no mes da Ciencia en Galego (os días 17 e 24 de novembro)

http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/mes-da-ciencia-enrolate-coa-robotica

Entradas de balde, previa inscrición

Imparte: Institución Galega da Ciencia (Igaciencia)

Data: sábados 17 e 24 de novembro

Horario: de 17:00 a 19:00 h

Resultado definitivo do X Concurso Galego de Robótica

Enviado por admin o Mér, 11/27/2019 - 16:20

A día 29 de novembro, venres (ás 14 horas), os primeiros clasificados en cada unha das categorías son:

Primaria-1º de ESO.-CPI Atios de Valdoviño, IES Castro da Uz de As Pontes

2º-3º-4º da ESO.- IES Nº1 de Ribeira, IES de Breamo.

Bacharelato-FP.- Escolas Proval de Nigran e IES  Isaac Díaz Pardo de Sada

CPI Atios de Valdoviño (mención especial*),

*Cada centro pode recibir un só premio, se coincide que ten 2 clasificados en primeiro lugar en distintas categoría, ten que elixir cal vai ser premio e cal mención especial.

Etiquetas