EducaBarrié colabora cos Museos Científicos Coruñeses na Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Submitted by admin on Fri, 02/08/2013 - 16:32

EducaBarrié colabora cos Museos Científicos Coruñeses na Convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola, que invita os estudantes galegos de Secundaria a demostrar a súa creatividade científica, dando resposta mediante a experimentación ou o traballo de campo a preguntas relacionadas con feitos e procesos da vida cotiá, do seu ámbito máis inmediato.

Nesta décimo quinta convocatoria súmase unha nova categoría educaBarrié dirixida a profesores de Educación Primaria, aos que se propón presentar proxectos de investigación realizadas cos alumnos na práctica docente.

Encontraredes as bases da convocatoria coas fases do concurso, datas e demais detalles para participar.

O prazo para a recepción das vosas preguntas obxecto de investigación finaliza o próximo 5 de febreiro.

Esperamos que a iniciativa sexa do voso interese e que tanto vós coma os vosos alumnos vos animedes a participar.
http://www.educabarrie.org/gl/proyectos/investigacion-cientifica-na-escola