Conferencia sobre Ángeles Alvariño en Lugo o día 1 de decembro de 2022
O día 1 de decembro de 2022, ás 12 horas convocamos aos centros educativos que o desexen a acudir á Conferencia sobre Ángeles Alvariño, titulada: “Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles” impartida polo Doutor Xosé Fraga, autor, precisamente, da biografía de Ángeles Alvariño no Album da Ciencia.
Gañadores do XIII Concurso Galego de Robótica e Drons día a día
Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego 2022
Despois do éxito das Videoconferencias promovidas por Igaciencia polo Mes da Ciencia en Galego 2020 e 2021, que superaron cada ano os 8000 espectadores, dos centros educativos e público en xeral, estamos obrigados a repetir o esforzo no 2022, cunha serie de videoconferencias dirixidas aos centros educativos galegos, especialmente aos de secundaria.
XIII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons
XIII Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica e dos drons
Taller e concurso galego de robótica e dos drons
Novos poliedros 2022
Convocamos, polo mes da Ciencia en galego 2022, e homenaxeando a Evarist Galois, o creador do concepto de grupo e da Simetría Científica que abrangue á Arte, ás Matemáticas, en especial a Física actual, a Química, A Cristalografía, os Grupos de Simetría planos (17) e aos grupos de Simetría espaciais (230), á Cosmoloxía,...Por segunda vez e esta vez dándolle un pequeno toque fractal, ademais de extremadamente simétrico aos poliedros propostos. Diciamos o ano pasado que:
Centro gañador de Inventa en Galego 2022
O Centro IES Eusebio da Guarda da Coruña resultou o centro gañador do concurso Inventa en Galego 2022:
Parabéns aos gañadores de Inventa en galego con App Inventor, 2022.
Acadaron o premio conxunto os seguintes proxectos, do IES Eusebio da Guarda da Coruña, coordinados polo profesor Serxio Gómez Recouso:
- Read more about Centro gañador de Inventa en Galego 2022
- Log in to post comments
