Inauguración da Exposición "Patróns de Beleza" e Inscricións ás presentacións das actividades

Enviado por admin o

Inscribete para asistir ás presentacións das actividades da Exposición "Patróns de Beleza":

Día 25 inauguración ás 12h

Día 25 presentación ao profesorado de toda Galicia da exposición ás 17 horas. Profesorado interesado en  levar despois ao alumnado de forma autónoma ou simplemente interesado na exposición.

Día 26 presentación a 3 grupos de profesores e alumnos durante a mañá 9-10:30,11-12:30,12:30-14h

E nada máis polo ano 2026... Felices Festas e Ano Novo

 

Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2026)

Enviado por admin o

Entre as actividades programadas para esta celebración destacamos:
-Emisión de Videoconferencias realizadas co patrocinio da Xunta de Galicia.

A continuación, figurará o programa, que xira sobre as temáticas do Ano Internacional da Agricultura
 

Dr. Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Data: 4-11-26 as 12h.

Título: Auga para  todos. A seca que non cesa

Concurso de vídeos de Divulgación Científica en Galego 2026

Enviado por admin o

1. Obxecto

Igaciencia convoca o Concurso de Vídeos de Divulgación Científica en Galego co obxectivo de promover a divulgación científica en lingua galega, e fomentar a curiosidade, o pensamento crítico, a creatividade e a comunicación audiovisual entre o alumnado.

Preténdese estimular a capacidade para explicar conceptos científicos de maneira rigorosa, comprensible e creativa, empregando o vídeo como ferramenta de aprendizaxe e divulgación.

 

2. Participantes