Apuntádevos ás ideas de vídeos e textos de Astronomía
Que vos parece facer un pequeno vídeo en galego explicando algún dos seguintes exercicios sobre Astronomía?
1. Número de átomos do Sol. Como exemplo unha solución a tedes no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=N3XrKKkbdD8 ou no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=QTOkXT8CNrI.
Videoconferencias do mes da Ciencia en Galego (novembro 2024)
Iremos poñendo aquí, proximamente, as propostas de relatores e relatoras destas videoconferencias, que se realizarán en novembro de 2024, sobre a temática de Astronomía.
Se queredes inscribir xa ao voso centro, ser dos primeiros en facelo, ou poñer a o voso centro como creador da videoconferencia, ou mesmo realizar unha persoal, podedes ir inscribíndovos para que poidamos poñernos en contacto con vós, e organizar a infraestrutura necesaria para as emisións.
Novos Poliedros 2024
Sombras Dodecaédricas Debuxade os arcos nun desenrolo plano dun dodecaedro e unide as 12 caras... (ou inventade unha figura nova semellante como a vermella de Bridges 2023)
Como foi a conferencia do 4 de novembro en Lugo
Na web da Vicepresidencia de Lugo https://www.deputacionlugo.gal/es/node/80187
Vicepresidencia da Deputación de Lugo acolleu no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a conferencia “Mulleres, ciencia e tecnoloxía: unha historia interminable”. No marco da programación con motivo do día da Ciencia en Galego, Igaciencia organiza esta actividade destinada a estudantado de educación secundaria co obxectivo de dar a coñecer a relación entre ciencia, mulleres e tecnoloxía.



