Conferencia do mes da ciencia en galego en Viveiro

Submitted by admin on Sat, 12/25/2021 - 15:45

Dentro do mes da Ciencia en Galego, patrocinada pola Deputación de Lugo, e organizada por Igaciencia, Inés Ben celebrou unha conferencia sobre "Converxencias Arte e Ciencia: Escher" cun auditorio cheo e facendo un repaso ás obras de Escher e de como nelas xoga coas matemáticas e a nosa percepción con resultados inesquecibles

Fotos e vídeos de robótica e drons

Submitted by admin on Sun, 11/28/2021 - 21:28

D. Jesús  Javier Celemin Santos, Concelleiro de Educación. Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego da Cidade da Coruña preside a entrega de premios do XII Concurso Galego de Robótica e do Concurso de Drons celebrados no centro Ágora da Coruña. Na primeira foto o CPI Atios de Valdoviño, 1º premio da ESO, na Segunda Foto o IES Menéndez Pidal, 1º premio de BAC-FP e na terceira foto o IES Agra do Orzán, premio especial.

Novos Poliedros

Submitted by admin on Tue, 09/21/2021 - 10:03

Imos testar a capacidade do galego para dar nomes universais coma poliedros, por exemplo. Sabemos xa que podemos nomear cada poliedro coñecido e dicilo perfectamente en galego. O galego pode cos poliedros. Pero o que nunca fixemos é inventar novos poliedros,  e darlles nome galego. Un novo paso de nivel para o galego.